Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.369

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos citados corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base común 7.1 da Orde do 8 de marzo de 2001 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, establécese que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación, procede darlle publicidade.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 21 de xuño de 2001, as puntuacións provisionais dos baremos establecidos na Orde do 8 de marzo de 2001 dos corpos e disciplinas convocadas pola citada orde.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal