Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 21 de xuño de 2001 Páx. 8.364

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, lista B, de conformidade coas resolucións do 7 de febreiro e 27 de marzo de 2001.

Advertidos erros nas listas de admitidos e excluídos ás que se refire a citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 96, do 21 de maio, cómpre realiza-las seguintes correccións:

Na relación de excluídos debe eliminarse a Marcos Araújo Pereira, con DNI 36.136.180, a Ramón Barrera Vázquez, con DNI 76.574.221, e a Pablo Martínez Cabezas, con DNI 36.123.438, que pasan a integrarse na relación de admitidos, coa seguinte puntuación e número de orde nos correspondentes ámbitos:

Marcos Araújo Pereira, DNI 36.136.180, lista B. Puntuación: 0,970 puntos. No posto número 216 para o ámbito D3600.

Ramón Barrera Vázquez, DNI 76.574.221, lista B. Puntuación: 2,750 puntos. No posto número 51 para o ámbito D0000; no posto número 51 para o ámbito D1500; no posto número 46 para o ámbito D2700; no posto número 44 para o ámbito D3200, e no posto número 53 para o ámbito D3600.

Pablo Martínez Cabezas, DNI 36.123.438, lista B. Puntuación: 0,750 puntos. No posto número 272 para o ámbito D0000; no posto número 248 para o ámbito D3200, e no posto número 276 para o ámbito D3600.