Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.343

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REDES DE TELECOMUNICACIÓN GALEGAS, RETEGAL, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de diverso persoal.

A administradora da sociedade Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A., por delegación do Consello de Administración, acorda convocar proceso selectivo para a contratación das persoas que cubran os postos de traballo que a continuación se relacionan:

A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.

Os candidatos terán que achegar á solicitude todos aqueles documentos (cotexados) que acrediten os méritos que aleguen, expediente académico, currículum vitae e fotografía, indicando a referencia do posto ó que opten.

A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite, así como a informacióin complementaria que considere oportuna, nas dependencias da sociedade (edificio multiusos, baixo, 15820 San Marcos, Santiago de Compostela).

O prazo para a presentación de solicitudes e demais documentación será dun mes a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Rosana López Salgueiro

Administradora