A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:
Centro superior de hostalería de Galicia.
A. Posto: profesor de idiomas (Ref. ING-0401).
1. Funcións principais: dependendo do responsable do departamento, participará na preparación das materias de inglés, incluíndo o material docente, así como na impartición de clases e avaliación de alumnos.
2. Prazas: 1 (tempo parcial).
3. Requisitos:
-Titulación universitaria.
-Dominio oral e escrito do idioma inglés.
-Experiencia docente mínima de 6 meses.
-Estadía de 6 meses en países onde o inglés sexa o idioma oficial.
4. Valorarase:
-Currículo.
-Aptitude docente.
-Coñecementos de ofimática para Windows.
-Francés.
-Capacidade de integración en equipos de traballo.
5. Probas que se van realizar:
-Exame oral e escrito de inglés (eliminatorio).
-Impartición dunha clase.
-Planificación docente.
-Proba práctica de Microsoft Word 2000.
-Exame oral e escrito de francés.
-Cuestionario de personalidade.
-Entrevista persoal.
A1.-Documentación que hai que presentar:
-Solicitude indicando a referencia do posto ó que se opta, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).
-Currículo.
-Acreditación orixinal dos méritos refletidos no C.V. Os títulos oficiais obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.
-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.
A2. Prazo de presentación de solicitudes:
-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Promoción turística.
B. Posto: auxiliar da Oficina de Turismo de Madrid (Ref.: AOT-MAD).
1. Funcións principais: atención ó visitante facilitándolle toda a información turística que se lle solicite, así como labores propios administrativos.
2. Prazas: 1 (xornada completa).
3. Requisitos:
-FP II ou equivalente.
-Coñecementos de informática a nivel usuario.
-Dominio, falado e escrito, dos idiomas inglés e galego.
-Profundo coñecemento dos recursos turísticos de Galicia. (anexo I).
-Ter realizados cursos específicos no sector turístico.
4. Valorarase:
-Currículo.
-Coñecementos doutro idioma.
-Capacidade de integración en equipos de traballo.
5. Probas que se van realizar:
-Exame oral e escrito, dos idiomas inglés e galego.
-Proba de Word, Excel e Access 2000.
-Exame de coñecementos dos recursos turísticos de Galicia. O temario recóllese no anexo I.
-Entrevista persoal.
B1. Documentación que hai que presentar:
-Currículo.
-Fotografía tamaño carné.
-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación e/ou experiencia que se desexe xuntar para ser valorada.
B2. Lugar e prazo de presentación de solicitudes:
-As solicitudes faranse chegar a Turgalicia-Área Económica e de Persoal. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta.
-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
C. Selección:
Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas publicará as listas previas de admitidos e excluídos no proceso de selección.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001
Heriberto Verdes Vilaseca
Director xerente de Turgalicia, S.A.
ANEXO I
Auxiliar de oficina de turismo de Madrid
Recursos turísticos de Galicia
1. Espacios naturais. Situación e características xerais.
2. Xeografía costeira de Galicia. Principais accidentes xeográficos.
3. Xeografía interior de Galicia. Principais accidentes xeográficos.
4. Arquitectura relixiosa en Galicia. As catedrais. Os mosteiros.
5. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.
6. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.
7. Infraestructura turística. Turismo rural, interior e de costa.
8. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.
9. Rutas turísticas. Cidades e vilas históricas de Galicia. O Camiño Francés e outros tramos galegos do Camiño de Santiago.