Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.343

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública dos seguintes postos vacantes, de acordo coas seguintes bases:

Un médico especialista en cirurxía cardíaca. Ref.: MEC-07.

Título homologado de licenciado en medicina e cirurxía, coa especialidade en cirurxía cardiovascular.

Procedemento de selección: baremo do currículum (65%) e entrevista persoal (35%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, sinalando a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a: Instituto Galego de Medicina Técnica, praza Europa, 5 A, 6ºB (15703 Santiago de Compostela).

Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Julio Villar

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.