Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.342

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ACORDOS marco de subministración.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en celebrar acordos marco de subministración de placas e líquidos, para as súas unidades de Diagnóstico por Imaxe, Oncoloxía Radioterápica e Medicina Nuclear de Vigo e Ourense.

Nº de expediente: AT/004/01.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza de Europa 5A-6ºB, Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados

nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, teléfono 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego

de Medícina Técnica, S.A.