Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.342

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ARRENDAMENTO de vehículos.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en contrata-lo arrendamento de 3 vehículos tipo turismo na modalidade sen conductor.

Nº expediente: CTRL/003/01.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa, 5A-6º B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Telf.: 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.