Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.339

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PROTUARIA DE VIGO

ANUNCIO.

O Consello de Administración da Autoridad Portuaria de Vigo, en uso das facultades que lle confire o artigo 40.3.ñ) da Lei 27/1992, do 24 de novembro,

de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, resolveu:

1. Outorgarlle a Rodman Polyships, S.A., por Resolución do 30 de xuño de 2000, concesión administrativa para realizar obras de ampliación da rampa varadoiro nº 2 da concesión que ten outorgada por OO.MM. do 10-6-1977, 11-3-1983 e 28-12-1992, en Meira, Moaña, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a factoría de estaleiros e construccións anexas.

2. Outorgarlle a Metalships & Docks, S.A., por Resolución do 30 de xuño de 2000, concesión administrativa para realizar obras de ampliación das vías de varada da concesión que ten outorgada por OO.MM. do 30-12-1975 e 31-7-1987, e resolución da Dirección da Autoridade Portuaria do 11-11-1994 e do Consello de Administración da APV do 25-2-2000, para ocupar unha superficie na zona marítimo-terrestre, con destino á construcción e reparación naval, en Ríos, Teis, Concello de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

3. Outorgarlle a Peixesport, S.L., por Resolución do 28 de xullo de 2000, concesión administrativa para ocupar unha superficie de dominio público portuario na zona de ampliación do Berbés, no porto de Vigo, para construír unha instalación con destino a viveiros de marisco, cetaria, distribución e manipulación de peixes e mariscos.

4. Outorgarlle a Reparaciones Navales Omar, S.L., por Resolución do 28 de xullo de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local situado no 1º andar do nº 18 do edificio da Autoridade Portuaria de Vigo situado no exterior do cerramento do sector pesqueiro do porto de Vigo, con destino a taller de reparación de buques.

5. Outorgarlle a José Raúl García Collazo, por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 19 situado no edificio da Autoridade Portuaria de Vigo denominado Nuevo Tinglado General de Empaque, no porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a manipulación e preparación de peixe fresco mercado nas lonxas de Vigo.

6. Outorgarlle a Ramón Loira Durán, por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 9 situado no edificio da Autoridade Portuaria de Vigo denominado Nuevo Tinglado General de Empaque, no porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a manipulación e preparación de peixe fresco mercado nas lonxas de Vigo.

7. Outorgarlle a Franjopesca, S.L., por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 10 primeira planta, situado no edificio da Autoridade Portuaria de Vigo denominado Nuevo Tinglado General de Empaque, no porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a oficina para actividades portuarias.

8. Outorgarlle ó Concello de Vigo, por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para a ocupación de lámina de auga, na zona de Teis, Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino á realización de obras complementarias ó proxecto de estación depuradora de augas residuais de Teis, na parte correspondente a tubaxe de impulsión submariña.

9. Outorgarlle ó Consorcio da Zona Franca de Vigo, por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha superficie de aproximadamente 395 m de terreo público portuario, na explanada de Bouzas, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino ás actividades de zona franca.

10. Ourtorgarlle a Construcciones Navales P. Freire, S.A., por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo e nave industrial, de itutlaridade da Autoridade Portuaria de Vigo, na avenida de Beiramar, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a parque de materiais para estaleiro e varadoiro.

11. Outorgarlle á Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra (Caixanova), por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha superficie de aproximadamente 350 m no edificio da Lonxa de Pesca Litoral do porto pesqueiro de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a oficina bancaria.

12. Outorgarlle a Santiago Montenegro Campos, S.L., por Resolución do 29 de setembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha parcela de terreno de dominio público portuario na zona de ampliación de superficie do porto pesqueiro, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para construir unha instalación con destino a viveiros de mariscos e pescados, cetaria depuradora, elaboración, venda e distribución de marisco e labores propios da exportación de peixe fresco, incorporando a esta concesión a que ten outorgada por resolución do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo do 26-5-2000, con idéntico destino.

13. Outorgarlle a Pescados Pérez Piñeiro, S.L., por Resolución do 27 de outubro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 15 situado no edificio da Autoridade Portuaria de Vigo denominado Nuevo Tinglado General de Empaque, no porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a actividades portuarias.

14. Outorgarlle a Pescados Pérez Piñeiro, S.L., por Resolución do 27 de outubro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 17 situado no edificio da Autoridade Portuaria de Vigo denominado Nuevo Tinglado General de Empaque, no porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a actividades portuarias.

15. Outorgarlle a Orio y Cía, S.A., por Resolución do 27 de outubro de 2000, concesión administrativa

para ocupa-lo local nº 18, 2ª planta do edificio da Autoridade Portuaria de Vigo, exterior ó cerramento do sector pesqueiro do porto de Vigo, con destino a almacén, reparación e venda de aparellos náuticos e de salvamento.

16. Outorgarlle a R Comunicaciones Galicia, S.A., por Resolución do 27 de outubro de 2000, concesión administrativa para ocupar terreos portuarios, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino ó tendido de liña para telecomunicacións.

17. Outorgarlle a Elnosa, S.A. (Electroquímica del Noroeste, S.A.) por Resolución do 27 de outubro de 2000, concesión administrativa para ampliación da concesión que ten outorgada para a instalación de depósitos, no peirao do Areal, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

18. Outorgarlle a Fandicosta, S.A., por Resolución do 27 de outubro de 2000, concesión administrativa para a ampliación e reunificación de concesións que ten outorgadas, con destino a peirao, zona de manobras e factoría pesqueira, en Domaio, Moaña, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

19. Outorgarlle ó Concello de Moaña, por Resolución do 24 de novembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo público portuario en Domaio, Moaña, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino á construcción dun centro para a terceira idade e usos múltiples.

20. Outorgarlle a José Revuelta Pozuelo e a Manuel Molanes Molanes, por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo departamento I-J do edificio da Autoridade Portuaria de Vigo para armadores, na dársena de Bouzas, en Vigo, zona de servicio do porto de Vigo, con destino a almacén de aparellos para a pesca.

21. Outorgarlle á Universidade de Vigo (Xenética Evolutiva Molecular), por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local situado na 1ª planta (metade) do nº 11 do edificio da Autoridade Portuaria de Vigo, exterior ó cerramento do sector pesqueiro do porto de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a laboratorio de investigacións mariñas.

22. Outorgarlle a Espadero Lomba Mauri, S.L., por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 26 do edificio da Autoridade Portuaria de Vigo para armadores, na dársena nº 1 do porto pesqueiro, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a almacén de aparellos para a pesca.

23. Outorgarlle á Asociación Profesional de Naseiros Samertolomeu, por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesióin administrativa para ocupa-lo departamento nº 16 do Nuevo Tinglado General de Empaque do porto de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino á manipulación e preparación de peixe fresco.

24. Outorgarlle a Marcos Lago, S.L., por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para a instalación dun pantalán flotante na Borna, Domaio, concello de Moaña, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a servicio de embarcación e protección de tubaxes.

25. Outorgarlle a Industrias Navales La Moa, S.L., por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo e lámina de auga para a instalación dun pantalán flotante, na Borna, Domaio, concello de Moaña, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a servicio de reparación de embarcacións.

26. Outorgarlle a Hermanos Fernández Ibáñez Consignatarios de Pesca, S.L., por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha superficie duns 1.400 m na zona próxima á dársena nº 4 do porto pesqueiro de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino ás actividades propias de consignatario-vendedor de pesca fresca.

27. Outorgarlle a Petrovigo, S.A., por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para a instalación dun parque de almacenamento de gasoil de 1.140 m de capacidade, con destino a almacenamento e distribución de combustible a buques, no peirao de trasatlánticos do porto de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

28. Outorgarlle a Viguesa de Granallados, S.L., por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha parcela de 2.197,75 m na explanación anexa ó peirao de reparacións do porto de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a taller para granallado, pintado de pezas, mantemento, limpeza e desgasificado de buques. Como resultado da división en dúas partes da concesión que esta mesma entidade tiña outorgada por resolución do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo do 26-1-1996.

29. Outorgarlle a Viguesa Naval de Calderería, S.A., por Resolución do 29 de decembro de 2000, concesión administrativa para ocupar unha parcela de 497,75 m na explanada anexa ó peirao de reparacións do porto de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a taller para granalla, pintura de pezas, mantemento, limpeza e desgasificación de buques. Como resultado da división en dúas partes da concesión que a entidade Viguesa de Granallados, S.L. tiña outorgada por resolución do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo do 26-1-1996.

30. Outorgarlle a Casa Botas Vda. de J. Martínez Blasco, S.L., por Resolución do 26 de xaneiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha parcela de dominio público portuario duns 1.500 m, na zona de ampliación de superficie do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo,

para construír unha instalación con destino a elaboración, preparación e comercialización de peixe, a viveiros de marisco e cetaria depuradora.

31. Outorgarlle a Factorías Molares Montenegro, S.A., por Resolución do 26 de xaneiro de 2001, concesión administrativa pola que se mantén, regulariza e amplía a concesión outorgada por resolución do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo do 28-6-1994, para varadoiro de reparación e carena de barcos, en Domaio, concello de Moaña, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, a cal anula e substitúe a presente concesión.

32. Outorgarlle á Sociedad Cooperativa de Trabajo Asociado (Cotrasvi), por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar catro locais da Autoridade Portuaria situados nas plantas 1ª e 2ª dos locais números 12 e 13 do edificio situado na zona exterior ó cerramento do sector pesqueiro do porto de Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a oficinas vestiarios da propia empresa.

33. Outorgarlle a Aleste Pesca, S.L., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 30 situado no edificio de departamentos para armadores da dársena nº 1 do porto pesqueiro, de titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, con destino a almacenamento de aparellos para a pesca do buque Tintoreta.

34. Outorgarlle a Venta Berbés, S.L., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupa-la oficina nº 9, situada na 1ª planta do Nuevo Tinglado General de Empaque do porto pesqueiro de Vigo, de titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, con destino a oficina para actividade portuaria de consignatario vendedor.

35. Outorgarlle a Pescados y Mariscos Marazul, S.L., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupa-lo departamento nº 13 situado no Nuevo Tinglado General de Empaque do porto pesqueiro de Vigo, de titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, con destino a manipulación e preparación de peixe fresco.

36. Outorgarlle a Pescados Mar de Fondo, S.L., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupa-lo departamento nº 45 situado no Nuevo Tinglado General de Empaque do porto pesqueiro de Vigo, de titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, con destino a manipulación e preparación de peixe fresco.

37. Outorgarlle a Pesquera Durmar, S.L., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 4 situado nos departamentos para armadores da dársena nº 1 do porto pesqueiro de Vigo, de titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, con destino a almacenamento de aparellos de pesca para o barco Galácteca Dos.

38. Outorgarlle ó Concello de Vigo, por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo de dominio

público portuario, na explanación de Bouzas, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a realizar instalacións deportivas.

39. Outorgarlle á Pez Austral, S.A., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie na zona portuaria de Bouzas, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino á construcción dun colector de saneamento.

40. Outorgarlle á Federación Gallega de Vela, por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie e instalacións de titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, situadas na área portuaria de Bouzas, na zona de servicio do porto de Vigo, con destino a uso dotacional como escola de vela.

41. Outorgarlle a Molinos Cementeros Luso-Galaicos, S.A., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo público portuario no peirao do Areal do porto de Vigo, para a construcción dun silo horizontal e tubaxes de aspiración, con destino á recepción, almacenamento e distribución de cemento.

42. Outorgarlle a Astilleros Armón Vigo, S.A., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo público portuario na avenida de Beiramar, en Vigo, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para construír un galpón almacén con destino a estaleiro e varadoiro.

43. Outorgarlle a Astilleros Piñeiro, S.L., por Resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo e lámina de auga no Cocho, Meira, concello de Moaña, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, como ampliación e regularización da concesión que ten outorgada por resolución do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo do 22-3-1999, con destino á reparación, mantemento e varada de buques, embarcacións e artefactos aboiantes.

44. Outorgarlle a Nomarpesca, S.L., por Resolución do 30 de marzo de 2001, concesión administrativa para ocupa-lo local nº 15-16 da Autoridade Portuaria de Vigo, situado no edificio de departamentos para armadores da dársena nº 1 do peirao de Bouzas, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a almacenamento de aparellos para a pesca do buque Rolmar.

45. Outorgarlle a Lalandi, S.L., por Resolución do 30 de marzo de 2001, concesión administrativa para ocupar unha parcela de terreo de dominio público portuario na zona de ampliación de superficie do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para construír unha instalación con destino á elaboración, preparación e comercialización de productos derivados da pesca fresca e viveiros de marisco.

46. Outorgarlle a Pescados y Mariscos Carfer, S.L., por Resolución do 30 de marzo de 2001, concesión administrativa para ocupar unha parcela de terreno de dominio público portuario na zona de ampliación de superficie do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para construír unha instalación con destino á elaboración, preparación e comercialización de productos derivados da pesca fresca.

O que se publica para xeral coñecemento.

Vigo, 14 de maio de 2001.

Julio Pedrosa Vicente

Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo