Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Punago. (Expediente 070-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigo 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa

Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Punago.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. Rúa do Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Castroverde, Baleiro e Pol (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.637.660,20; 4.773.407,90), V(0.638.744,40; 4.773.835,90)

V(0.641.582,20; 4.763.944,50), V(0.640.658,90; 4.763.612,70)

Características técnicas do parque:

-Nº de aeroxeradores: 46.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 30,36 MW.

-Tipo de aeroxerador: MADE AE-64/I.

-Producción neta anual estimada: 78.056 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.175.906.569 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-46 aeroxeradores tipo MADE AE-46/I de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-46 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Punago, composta por un transformador principal 30/132 kV de 27/32 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección e predios particulares:

-Accesos, vías interiores e canalizacións para cableado: a área que se vai expropiar será unha franxa de 12 metros, en réxime de servidume, na cal está incluída a vía coas súas respectivas cunetas e a gabia. Nos casos nos que esta disposición non sexa viable e se deba proceder á instalación de gabias para o cableado con traza independente das vías, procederase á expropiación dunha área de servidume de paso, cun largo de 10 metros.

-Cimentación de aeroxeradores: a área que se vai expropiar, en réxime de pleno dominio, será unha área de 15 metros por 15 metros.

-Plataforma de montaxe de aeroxeradores: a área que se vai expropiar, en réxime de pleno dominio, será de 50 por 32 metros cadrados.

-Zona de voo de aeroxerador: a área que se vai expropiar será en réxime de servidume.

-Subestación: a área que se vai expropiar será en réxime de pleno dominio.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Punago, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e concellos de Castroverde, Baleira e Pol, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 4 de xuño de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo