Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/78-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Barreira-Estramil.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de

formigón e con conductor LA-30, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña Cillobre-Toras-Bastón (expediente 51892) e final no C.T. Barreira-Estramil, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo aéreo, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV en Barreira-Estramil, do que parte da rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 188 m de lonxitude, que conecta a rede existente. A Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 3 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña