Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/7-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Construcciones Milucho, S.L.

Domicilio social: Abavides, 32695 Trasmiras.

Denominación: L.M.T.S., C.T. para transformados de pedra.

Situación: Trasmiras.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 780 m en conductor tipo R.H.V., derivada desde a L.M.T. ó C.T. de Abavides propiedade de Unión Fenosa, S.A. e remata no C.T. proxectado en caseta con 400 kVA R/T 20.000/380-220 V, para nave de transformado de pedra en Abavides.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de maio de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense