De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas
e da orde social, relaciónanse aperturas de expedientes sancionadores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70, 1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 16 de maio de 2001.
Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado territorial de Lugo
ANEXO
Interesado Procedemento
33.645.518-Z
Páramo 12, Castroverde, Lugo
33.794.797-T
R/ Olivo 15, Barcelona,
Fernández Gandoy, Ángel
Apertura de expediente sancionador, imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (exp. 8732/99)
Ron Blanco, Manuel
Apertura de expediente sancionador, imposto sobre sucesións e doazóns (exp. 550/99)