Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.288

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (25/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 25/2001, se acordou a citación de Rocío Rúa Sendón mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción nº 25/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Rocío Rúa Sendón, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 12 de xullo ás 10.30 horas, compareza neste

xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Na Coruña, 14 de maio de 2001.

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto, que asino na Coruña o 14 de maio de 2001.

A secretaria

Rubricado