Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 20 de xuño de 2001 Páx. 8.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se notifican resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Fernández Teijeiro, Mª Carmen e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do Real

decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desde anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70, 1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Fernández Teijeiro, Mª Carmen

33.789.825-L

R/ Sierra de la Loba 9-3º esq.

Madrid

Imposto sobre sucesións e doazóns, exp. 353/95; liquidación 9950000064, providencia nº 99270071747

Fernández Teijeiro, Mª Carmen

33.789.825-L

R/ Sierra de la Loba 9-3º esq.

Madrid

Imposto sobre sucesións e doazóns, exp. 353/95; providencia nº C1100099270071747

Soilán Muñoz, María

33.537.208-B)

Avd. Carrero Blanco 238, Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, exp. 1898/95; providencia nº 270007364

Sociedad de Explotación del Matadero de Gijón S.A.

R/ Isaac Newton 5 (polígono Roces)

Gijón (Asturias)

Procedemento executivo de cobro da liquidación nº 990017131, exp. LU-01634-O/1998, sanción da CPTOPV