Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.221

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, do tribunal designado para xulga-las probas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño), relativa á solicitude de revisión da puntuación do cuarto exercicio da fase de oposición.

Recibida polo tribunal petición para verificación de puntuación que se lle otorgou a Susana Mª Váz

quez Romero no cuarto exercicio da fase de oposición, e unha vez feitas as oportunas comprobacións na corrección deste, este tribunal en sesión celebrada o día 30 de maio de 2001, adopta o seguinte acordo:

-Estima-la reclamación contra a puntuación do cuarto exercicio formulada por Susana Mª Vázquez Romero, con DNI 32.805.917, no senso de lle outorgar a esta 5 puntos.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal