Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.214

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001 pola que se anuncia e regula o I Curso selectivo de ingreso na función pública galega do persoal dos grupos A, B e C.

Concluída a fase de oposición das probas selectivas para o ingreso na función pública galega do persoal dos grupos A, B e C, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia do día 5 de xuño de 2000 (DOG números 114 e 115, do 13 e 14 de xullo do pasado ano), e publicadas as regulamentarias relacións de aspirantes aprobados, conforme as resolucións dictadas polos correspondentes tribunais cualificadores, procede subseguintemente convoca-los preceptivos cursos selectivos, segundo se prevé na expresada disposición.

Os mencionados cursos serán organizados pola Escola Galega de Administración Pública, en cumprimento do establecido no artigo 1 da orde da mencionada consellería, con data do 12 de xuño de 2001.

En consecuencia, esta escola

RESOLVE:

Primeiro.-Que se convoquen, coa única excepción dos que proveñan da quenda de promoción interna, os aspirantes aprobados nas respectivas fases de oposición para a realización dos aludidos cursos selec

tivos, que comezarán na EGAP nas datas e nas horas detalladas seguidamente:

GrupoDataHora

A2 de xullo de 200116.15 h

B2 de xullo de 200116.15 h

C2 de xullo de 200116.15 h

Segundo.-Durante o desenvolvemento dos citados cursos selectivos, os aspirantes terán a condición de funcionarios en prácticas, séndolles de aplicación o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, as disposicións sobre retribucións que lles correspondan a aqueles funcionarios e as normas desta resolución.

1. Normas.

1.1. Cada curso selectivo compoñerase de dúas fases:

a) Módulos temáticos.

Á impartición das materias contidas en cada módulo conferiráselle un carácter fundamentalmente práctico e servirá, ó mesmo tempo, para afondar nos coñecementos adquiridos polos aspirantes na fase preparatoria da correspondente oposición.

b) Aplicación de coñecementos.

1.2. Conforme se establece nas normas dedicadas ós réximes disciplinario e académico desta dispo

sición, declárase obrigatoria a concorrencia ás clases e restantes actividades que integran o curso selectivo, así como a execución dos traballos e tarefas que se lles encarguen ós participantes.

1.3. Os aspirantes que non superasen o curso selectivo poderán incorporarse ó inmediatamente posterior, coa puntuación asignada ó último dos participantes nel. De non superalo, perderán tódolos seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

2. Módulos temáticos.

Os módulos temáticos sobre os que versarán as correspondentes clases serán estes:

GRUPO A

Parte común:

* Módulo: dirección e xestión de recursos humanos.

Programa.

1. O sistema da función pública.

2. Estructura do persoal ó servicio da Administración pública.

3. Dereitos e deberes do persoal público.

4. A responsabilidade dos funcionarios públicos.

5. A carreira administrativa. O grao persoal.

6. Réxime disciplinario.

7. As incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

8. As relacións de postos de traballo.

9. A motivación.

10. Os plans de emprego.

11. A oferta de emprego público.

12. Os procesos selectivos.

13. Provisión de postos de traballo e situacións administrativas.

14. As relacións laborais na Administración.

15. Seguridade e hixiene no traballo.

Este módulo terá unha duración de 32 horas lectivas.

* Módulo: procedemento administrativo.

Programa.

1. Ámbito de aplicación e principios xerais da Lei de procedemento administrativo.

2. Os interesados.

3. Requisitos e eficacia dos actos administrativos.

4. Nulidade e anulabilidade.

5. Fases do procedemento administrativo.

6. Revisión de actos e recursos administrativos.

7. Reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

8. A potestade sancionadora da Administración.

9. A responsabilidade das administracións públicas.

10. SXPA, SERI e OTU.

A duración deste módulo será de 32 horas lectivas.

* Módulo: contratación administrativa.

Programa.

1. Disposicións xerais do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Requisitos para contratar coa Administración.

3. Actuacións previas á contratación.

4. Revisión de prezos.

5. Extinción dos contratos.

6. O contrato de obras.

7. O contrato de xestión de servicios públicos.

8. O contrato de subministracións.

9. Os contratos de consultoría e asistencia e dos servicios.

A duración deste módulo será de 32 horas lectivas.

* Módulo: a Unión Europea.

Programa.

1. O dereito comunitario europeo e a súa incidencia na orde competencial do Estado autonómico: análise particular da actividade administrativa de fomento.

2. O equilibrio interordinamental e interinstitucional en áreas comunitarizadas: as súas implicacións no eido da actividade de policía administrativa.

3. Condicionantes comunitarios ante a elaboración de disposicións de carácter xeral e a instrucción de procedementos administrativos.

4. Nulidade, anulabilidade e inaplicabilidade de actos administrativos e regulamentos: exame da xerarquía normativa trala adhesión de España ás comunidades europeas.

Este módulo terá unha duración de 20 horas lectivas.

* Módulo: iniciación á informática: o procesador de textos.

Programa.

1. Arquitectura dun ordenador.

2. Estructura do sistema operativo.

3. Estructura dos discos.

4. Creación e edición de documentos.

5. Tipos de letras e impresión de documentos.

6. Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

Este módulo terá unha duración de 24 horas lectivas.

* Módulo: xestión orzamentaria.

Programa.

1. Conceptos elementais da xestión orzamentaria.

2. Elaboración dos orzamentos xerais: procedementos e fichas.

3. Estudio da distribución dos créditos nos orzamentos da Comunidade Autónoma.

4. Estudio das fases do gasto: A, D, O, K.

-Elaboración de documentos contables.

-Documentos orzamentarios e extraorzamentarios.

5. Sistemas de pagamento: en firme e para xustificar.

6. Estados de execución orzamentaria: elaboración e análise.

7. Modificacións orzamentarias:

-Tipos de modificación.

-Tramitación: Orde do 3-1-1989.

-Incidencia orzamentaria.

8. Estudio da orde de peche do exercicio:

-Instruccións con incidencia directa: límites temporais.

-Consecuencias contables da fin do exercicio.

-Actuacións anuladas e validez para exercicios posteriores.

-Tramitación de gastos de exercicios pechados.

-Tramitación anticipada de gastos.

9. O control orzamentario:

Interno:

-Estructura e funcións da intervención.

-Estudio da Resolución do 31-3-1999, sobre fiscalización limitada.

-Documentación que se achega en cada fase do gasto.

Externo:

-O Consello de Contas.

-Auditorías.

10. O financiamento autonómico. A xestión patrimonial da Comunidade Autónoma.

Este módulo terá unha duración de 32 horas lectivas.

* Módulo: a linguaxe administrativa.

Programa.

1. A linguaxe administrativa.

2. A linguaxe administrativa galega.

3. O estudio de documentos administrativos.

4. Redacción de informes.

Este módulo terá unha duración de 32 horas lectivas.

* Módulo: organización e métodos.

Programa.

1. A motivación nas organizacións.

2. A comunicación nas organizacións.

3. Habilidades de comunicación.

4. O conflicto nas organizacións.

5. Habilidades sociais directivas.

6. Liderado e dirección de grupos.

7. Dirección de reunións.

8. Avaliación do rendemento.

Este módulo terá unha duración de 24 horas lectivas.

Parte especial (opción xurídica):

* Módulo: dereito autonómico.

Programa.

1. O Estatuto de autonomía e a súa posición xurídico-constitucional. Interpretación e reforma do Estatuto.

2. As competencias da Xunta de Galicia.

3. As competencias normativas da Comunidade Autónoma. A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma.

4. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

5. A cooperación e colaboración entre as administracións públicas.

6. Administración e organización territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 5/1997, de Administración local de Galicia. A comarcalización.

7. A ordenación urbanística e da vivenda na Comunidade Autónoma galega.

8. Consumo. O regulamento galego de protección dos consumidores e usuarios.

9. O patrimonio histórico e documental.

A duración deste módulo será de 30 horas lectivas.

* Módulo: dereito administrativo e laboral.

Programa.

1. Organización e funcionamento das entidades locais.

2. O réxime de bens das entidades locais.

3. As facendas locais.

4. O instituto da expropiación forzosa. O procedemento expropiatorio.

5. A xurisdicción contencioso-administrativa.

6. O dominio público e o seu réxime xurídico.

7. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

8. Os convenios colectivos de traballo.

9. Os contratos de traballo e as súas modalidades.

10. Os órganos de representación do persoal.

11. O réxime da Seguridade Social e as súas prestacións.

A duración deste módulo será de 42 horas lectivas.

Total horas lectivas desta fase para o grupo A: 300.

GRUPO B

* Módulo: dirección e xestión de recursos humanos.

Programa.

1. O sistema da función pública.

2. Estructura do persoal ó servicio da Administración pública.

3. Dereitos e deberes do persoal público.

4. A responsabilidade dos funcionarios públicos.

5. A carreira administrativa. O grao persoal.

6. Réxime disciplinario.

7. As incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

8. As relacións de postos de traballo.

9. A motivación.

10. Os plans de emprego.

11. A oferta de emprego público.

12. Os procesos selectivos.

13. Provisión de postos de traballo e situacións administrativas.

14. As relacións laborais na Administración.

15. Seguridade e hixiene no traballo.

Este módulo terá unha duración de 32 horas lectivas.

* Módulo: procedemento administrativo.

Programa.

1. Ámbito de aplicación e principios xerais da Lei de procedemento administrativo.

2. Os interesados.

3. Requisitos e eficacia dos actos administrativos.

4. Nulidade e anulabilidade.

5. Fases do procedemento administrativo.

6. Revisión de actos e recursos administrativos.

7. Reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

8. A potestade sancionadora da Administración.

9. A responsabilidade das administracións públicas.

10. SXPA, SERI e OTU.

A duración deste módulo será de 32 horas lectivas.

* Módulo: contratación administrativa.

Programa.

1. Disposicións xerais do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Requisitos para contratar coa Administración.

3. Actuacións previas á contratación.

4. Revisión de prezos.

5. Extinción dos contratos.

6. O contrato de obras.

7. O contrato de xestión de servicios públicos.

8. O contrato de subministracións.

9. Os contratos de consultoría e asistencia e dos servicios.

A duración deste módulo será de 32 horas lectivas.

* Módulo: a Unión Europea.

Programa.

1. O dereito comunitario europeo e a súa incidencia na orde competencial do Estado autonómico: análise particular da actividade administrativa de fomento.

2. O equilibrio interordinamental e interinstitucional en áreas comunitarizadas: as súas implicacións no eido da actividade de policía administrativa.

3. Condicionantes comunitarios ante a elaboración de disposicións de carácter xeral e a instrucción de procedementos administrativos.

4. Nulidade, anulabilidade e inaplicabilidade de actos administrativos e regulamentos: exame da xerarquía normativa trala adhesión de España ás comunidades europeas.

Este módulo terá unha duración de 20 horas lectivas.

* Módulo: iniciación á informática: o procesador de textos.

Programa.

1. Arquitectura dun ordenador.

2. Estructura do sistema operativo.

3. Estructura dos discos.

4. Creación e edición de documentos.

5. Tipos de letras e impresión de documentos.

6. Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

Este módulo terá unha duración de 24 horas lectivas.

* Módulo: xestión orzamentaria.

Programa.

1. Conceptos elementais da xestión orzamentaria.

2. Elaboración dos orzamentos xerais: procedementos e fichas.

3. Estudio da distribución dos créditos nos orzamentos da Comunidade Autónoma.

4. Estudio das fases do gasto: A, D, O, K.

-Elaboración de documentos contables.

-Documentos orzamentarios e extraorzamentarios.

5. Sistemas de pagamento: en firme e para xustificar.

6. Estados de execución orzamentaria: elaboración e análise.

7. Modificacións orzamentarias:

-Tipos de modificación.

-Tramitación: Orde do 3-1-1989.

-Incidencia orzamentaria.

8. Estudio da orde de peche do exercicio:

-Instruccións con incidencia directa: límites temporais.

-Consecuencias contables da fin do exercicio.

-Actuacións anuladas e validez para exercicios posteriores.

-Tramitación de gastos de exercicios pechados.

-Tramitación anticipada de gastos.

9. O control orzamentario:

Interno:

-Estructura e funcións da intervención.

-Estudio da Resolución do 31-3-1999 sobre fiscalización limitada.

-Documentación que se achega en cada fase do gasto.

Externo:

-O Consello de Contas.

-Auditorías.

10. O financiamento autonómico. A xestión patrimonial da Comunidade Autónoma.

Este módulo terá unha duración de 32 horas lectivas.

* Módulo: a linguaxe administrativa.

Programa.

1. A linguaxe administrativa.

2. A linguaxe administrativa galega.

3. O estudio de documentos administrativos.

4. Redacción de informes.

Este módulo terá unha duración de 32 horas lectivas.

* Módulo: organización e métodos.

Programa.

1. A motivación nas organizacións.

2. A comunicación nas organizacións.

3. Habilidades de comunicación.

4. O conflicto nas organizacións.

5. Habilidades sociais directivas.

6. Liderado e dirección de grupos.

7. Dirección de reunións.

8. Avaliación do rendemento.

Este módulo terá unha duración de 24 horas lectivas.

Total horas lectivas desta fase para o grupo B: 228.

Os alumnos deste grupo compartirán cos do A os módulos da parte común, sinalados para este último grupo.

GRUPO C

* Módulo: contratación administrativa.

Programa.

1. Disposicións xerais do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Requisitos para contratar coa Administración.

3. Actuacións previas á contratación.

4. Revisión de prezos.

5. Extinción dos contratos.

6. O contrato de obras.

7. O contrato de xestión de servicios públicos.

8. O contrato de subministracións.

9. Os contratos de consultoría e asistencia e dos servicios.

10. Outros tipos de contrato.

A duración deste módulo será de 22 horas lectivas.

* Módulo: xestión orzamentaria.

Programa.

1. Conceptos elementais da xestión orzamentaria.

2. Elaboración dos orzamentos xerais: procedementos e fichas.

3. Estudio da distribución dos créditos nos orzamentos da Comunidade Autónoma.

4. Estudio das fases do gasto: A, D, O, K.

-Elaboración de documentos contables.

-Documentos orzamentarios e extraorzamentarios.

5. Sistemas de pagamento: en firme e para xustificar.

6. Estados de execución orzamentaria: elaboración e análise.

7. Modificacións orzamentarias:

-Tipos de modificaicón.

-Tramitación: Orde do 3-1-1989.

-Incidencia orzamentaria.

8. Estudio da orde de peche do exercicio:

-Instruccións con incidencia directa: límites temporais.

-Consecuencias contables da fin do exercicio.

-Actuacións anuladas e validez para exercicios posteriores.

-Tramitación de gastos de exercicios pechados.

-Tramitación anticipada de gastos.

9. O control orzamentario:

Interno:

-Estructura e funcións da intervención.

-Estudio da Resolución do 31-3-1999 sobre fiscalización limitada.

-Documentación que se achega en cada fase do gasto.

Externo:

-O Consello de Contas.

-Auditorías.

A duración deste módulo será de 22 horas lectivas.

* Módulo: xestión de persoal.

Programa.

1. O persoal ó servicio das administracións públicas.

2. Dereitos e deberes do persoal público.

3. A responsabilidade dos funcionarios públicos.

4. A carreira administrativa. O grao persoal.

5. Réxime disciplinario.

6. As incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

7. As relacións de postos de traballo.

8. A motivación.

9. Os plans de emprego.

10. A oferta de emprego público.

11. Os procesos prácticos selectivos.

12. Provisión de postos de traballo e situacións administrativas.

13. O persoal laboral das administracións públicas.

14. Seguridade e hixiene no traballo.

A duración deste módulo será de 22 horas lectivas.

* Módulo: procedemento administrativo.

Programa.

1. Ámbito de aplicación e principios xerais da Lei de procedemento administrativo.

2. Os interesados.

3. Requisitos e eficacia dos actos administrativos.

4. Nulidade e anulabilidade.

5. Fases do procedemento administrativo.

6. Revisión de actos e recursos administrativos.

7. Reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

8. A potestade sancionadora da Administración.

9. A responsabilidade das administracións públicas.

10. SXPA, SERI e OTU. Avaliación do rendemento.

A duración deste módulo será de 22 horas lectivas.

* Módulo: iniciación á informática: o procesador de textos.

Programa.

1. Arquitectura dun ordenador.

2. Estructura do sistema operativo.

3. Estructura dos discos.

4. Creación e edición de documentos.

5. Tipos de letras e impresión de documentos.

6. Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

A duración deste módulo será de 24 horas lectivas.

* Módulo: a Unión Europea.

Programa.

1. A distribución de competencias entre as administracións españolas á luz do dereito comunitario europeo.

2. A plasmación da actividade administrativa baixo a primacía do dereito comunitario.

3. Tramitación de procedementos administrativos afectados por disposicións comunitarias.

4. Nulidade, anulabilidade e inaplicabilidade de actos administrativos e regulamentos: exame da xerarquía normativa trala adhesión de España ás comunidades europeas.

A duración deste módulo será de 14 horas lectivas.

* Módulo: a linguaxe administrativa.

Programa.

1. A linguaxe administrativa.

2. A linguaxe administrativa galega.

3. O estudio de documentos administrativos.

A duración deste módulo será de 22 horas lectivas.

Total horas lectivas desta fase para o grupo C: 148.

As clases impartiranse, das 16.30 ás 20.30 horas, de luns a xoves, e das 12 ás 15 horas, os venres, na Escola Galega de Administración Pública.

Baixo a responsabilidade do coordinador de cada módulo, as clases serán impartidas por profesores especializados nas materias correspondentes, e no seu desenvolvemento procurarase a participación dos alumnos no tema debatido, o labor do equipo e o coloquio permanente. O coordinador e os profesores de cada módulo coidarán especialmente de imprimirlles un carácter eminentemente práctico ás ensinanzas que impartan.

3. Aplicación de coñecementos.

Esta fase completará o ciclo formativo de cada curso e consistirá na aplicación á realidade cotiá do traballo administrativo e ó funcionamento dunha organización os coñecementos previamente adquiridos polos aspirantes. Neste sentido os alumnos realizarán os traballos e as tarefas que, con este propósito e dentro do horario de permanencia nas oficinas, lles encomenden os subdirectores xerais das unidades administrativas, organismos e empresas públicas da Xunta de Galicia onde sexan destinados.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por proposta da Escola Galega de Administración Pública, disporá os destinos onde os alumnos deberán cumprir esta fase formativa.

Durante esta fase, os alumnos permanecerán polo tempo que se determine en diferentes entidades dependentes da Xunta de Galicia, en procura de obter un coñecemento o máis práctico, amplo e integral posible sobre os traballos de natureza administrativa máis comúns e básicos.

Mentres se prolongue esta fase, que coincidirá cronoloxicamente coa de carácter temático, os alumnos asistirán polas mañás, das 10 ás 14 horas, de luns a xoves, e das 8.30 ás 11 horas, os venres, ás oficinas e centros públicos dos seus respectivos destinos, nos que estarán baixo a dependencia do subdirector xeral da correspondente unidade administrativa. A autoridade competente, de quen dependa xerarquicamente este funcionario, comunicará, coa maior brevidade, á EGAP a identidade deste último.

Terceiro.-Conforme a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2001, publicada no DOG nº 116, do día 15 dos citados mes e ano, as normas internas e de avaliación que haxan de regular estes cursos selectivos serán establecidas pola Escola Galega de Administración Pública.

En consecuencia, segundo esta facultade, establécese o seguinte:

1. Obxecto.

Estas normas teñen por obxecto concreta-las regras de funcionamento e desenvolvemento interno de cada curso nas materias relativas ó rexime disciplinario e académico e ó sistema de cualificación.

2. Réxime disciplinario.

2.1. Segundo o artigo 1.1. do Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (D. 94/1991, do 20 de marzo), os funcionarios en prácticas estarán sometidos ó disposto no mencionado regulamento, na medida en que lles sexa da aplicación, sen prexuízo das normas especiais que regulen o seu procedemento de selección.

2.2. Declárase obrigatoria a asistencia ás clases e restantes actividades que integran este primeiro curso selectivo, así como a execución dos traballos, estudios, proxectos e tarefas que se lles encargen ós participantes.

3. Réxime académico.

3.1. Avaliación académica.

Para a avaliación académica dos participantes teranse en conta os seguintes elementos:

-Asistencia ás clases. Neste sentido é imprecindible que os alumnos asistan, alomenos, ó 85% do tempo de duración do curso para teren opción a superalo. Por tempo de duración do curso entenderase a suma das horas lectivas de tódolos módulos, mailas correspondentes ás da fase aplicación de coñecementos.

Os alumnos que non puidesen realiza-lo curso por forza maior debidamente xustificada serán dispensados de facelo, logo da solicitude dos interesados, mediante resolución da EGAP, quedando obrigados a realizalo coa promoción inmediatamente posterior ó momento da desaparición das correspondentes causas, intercalándose no lugar que lles pertenza pola puntuación.

-Resolución de casos prácticos.

-Probas finais de aptitude, ó remate de cada módulo.

3.2. Sistema de cualificación.

Os alumnos, concluído cada módulo da primeira fase, someteranse ás probas de aptitude, fundamentalmente prácticas e referidas preferentemente á Administración, que dispoñan os seus profesores. A puntuación que se lles outorgue por módulo será de cero a dez, sendo necesario para superar esta fase obter, alomenos, a metade da puntuación resultante de multiplicar dez polo número de módulos dos que se compoña o correspondente curso selectivo.

Inmediatamente despois de rematada a fase de aplicación de coñecementos, os subdirectores xerais das pertinentes unidades administrativas remitiran

lle á EGAP un informe onde manifesten expresamente se os alumnos ó seu cargo cumpriron ou non satisfactoriamente coas tarefas encomendadas durante a súa permanencia na dependencia de que se trate.

A declaración da cualificación de apto ou non apto, tanto no que se refire á fase dos módulos temáticos coma á de aplicación de coñecementos, competerá ó respectivo tribunal cualificador da oposición, logo do informe-proposta do director do curso, oída a comisión constituída para este efecto, formada polos profesores-coordinadores do correspondente curso e dos subdirectores xerais das unidades administrativas onde os alumnos permaneceron durante o ciclo de aplicación de coñecementos.

Corresponderalle ó director da EGAP a dirección destes cursos.

3.3. Perda da escolaridade.

O incumprimento por parte dos participantes das obrigas de asistencia e realización de probas e exercicios establecidas no punto terceiro, 2.2 e 3.1 (réximes disciplinario e académico), suporá a perda da escolaridade, sen prexuízo dos efectos que puidesen derivarse pola aplicación do réxime disciplinario.

4. Non superación do curso.

Segundo o preestablecido no artigo 16 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, os aspirantes que non superen este curso selectivo poderán incorporarse ó inmediatamente posterior coa puntuación asignada ó último dos participantes nel. De non superalo, perderán tódolos seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega

de Administración Pública