Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.221

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de maio de 2001 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, convocados por Orde do 19 de marzo de 1997, Orde do 15 de marzo de 1999 e Orde do 15 de marzo de 2000.

Por Orde do 20 de setembro de 2000 (DOG do 29 de setembro), nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 19 de marzo de 1997, Orde do 15 de marzo de 1999 e Orde do 15 de marzo de 2000.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar apto na fase de prácticas e aprobado definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 19 de marzo de 1997 a José Ramón Rey Rodríguez, co DNI 36.087.000, disciplina educación física.

Segundo.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 15 de marzo de 1999 a Carmen Julve Tiestos, DNI 25.158.715, disciplina matemáticas; Antonio Domínguez Leiva, DNI 07.236.377, disciplina francés e Luis Sanjurjo Villanueva, DNI 35.565.632, disciplina francés.

Terceiro.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 15 de marzo de 2000 os opositores relacionados nos anexos II, III, IV e V da Orde do 11 de agosto de 2000 (DOG do 23

de agosto), modificada pola Orde do 12 de decembro de 2000 (DOG do 12 de xaneiro de 2001), agás os que estean exentos da realización e avaliación delas.

Cuarto.-Quedan exceptuados do aprobado da fase de prácticas os seguintes opositores, relacionados no anexo II da Orde do 11 de agosto de 2000 (DOG do 23 de agosto), modificada pola Orde do 12 de decembro de 2000 (DOG do 12 de xaneiro de 2001):

DNIAPELIDOS E NOMECAUSA

13152380RODRIGO ALONSO, MERCEDESRENUNCIA

51392696JORDAN VILLALAIN, MARIA VICTORIARENUNCIA

9321530 MOLINA PEDRIZA, MARIA DOLORESRENUNCIA
07874305GONZALEZ FERNANDEZ, AGUSTINAPRAZAMENTO DA

FASE DE PRACTICAS

11419061VALDES HUERTA, IGNACIO JOSERENUNCIA

9790317ALLEN FRAGA, FERNANDORENUNCIA

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria