Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.165

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Vista a acta de revisión salarial do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira, con nº de código 3600085, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-4-2001, subscrita pola comisión paritaria do convenio con data do 10-4-2001. De conformidade co disposto no artigo 9 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de almacenistas da madeira da provincia de Pontevedra

Asistentes.

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

UGT:

Ramón Carrera Molares.

José Carlos Rodríguez del Río.

Representación empresarial:

Antonio Pedreira Cadaval.

Antonio González González.

Enrique Comesaña Mencía.

Secretario de actas:

José Manuel Oubel Villanueva.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, ás dezasete horas do día dez de abril de dous mil un, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no convenio.

O artículo 9º.-Retribucións salariais, establece que no caso de que o incremento anual do IPC o 31 de decembro de 2000 fose superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez que o INE constate oficialmente o IPC real de 2000 e aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez. O IPC o 31 de decembro de 2000 rexistrou un incremento do 4%, polo que deberá efectuarse unha revisión salarial do 1,5% de acordo coa táboa salarial anexa:

Táboa de salarios ano 2000.

CategoríasSalario/mes

-Persoal administrativo

Xefe administrativo154.934

Oficial de 1ª136.115

Oficial de 2ª127.479

Auxiliar, telefonista e mecanógrafo/a112.988

-Viaxante

Viaxantes corredores de praza127.479

-Persoal en xeral

Encargado132.575

Serrador de 1ª127.479

Serrador de 2ª117.921

Serrador de serra circular117.295

Dependentes115.334

Peón especialista115.334

Carreteiro mozo114.152

Peón111.344

Acórdase a súa remisión á autoridade laboral co obxecto do seu rexistro e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia e BOP. Autorízase a José Manuel Oubel Villanueva para levar a cabo as xestións necesarias. Non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás dezaoito horas do arriba indicado.