Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 19 de xuño de 2001 Páx. 8.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da lousa de Ourense e Lugo para o ano 2000.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector da lousa de Ourense e Lugo, subscrito pola comisión paritaria do convenio o 30 de xaneiro de 2001, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o artigo 2 do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

En Sobradelo de Valdeorras, trinta de xaneiro de dous mil un.

Reunida a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector da lousa de Ourense e Lugo 1999-2000, composta, pola parte social, polas seguintes persoas:

En representación de CC.OO.:

Ángel León Prieto.

Manuel Fernández García.

José Rodríguez Fernández.

En representación de UGT:

Pedro Rodríguez Gómez.

Alfonso Álvarez Ramos.

En representación do grupo de traballadores:

José Luis Enríquez García.

Asiste tamén, con voz pero sen voto, Adriano Fernando Brito Ferreira, en representación da CIG.

Pola parte empresarial, en representación da Asociación Gallega de Pizarristas:

Jesús Vidal Corcoba.

Rogelio López Rodríguez.

Manuel Fernández Blanco.

Santiago Vázquez León.

Herminio Blanco Remesal.

Vicente Aguado Castaño.

O obxecto da reunión é aplicar, se procede, a revisión do IPC do ano 2000, de conformidade co establecido no artigo 13 e demais concordantes do citado convenio e, ó respecto, adóptanse os seguintes acordos:

1. Coñecida a taxa anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 2001, que foi do 4 %, e en virtude do estipulado no artigo 13 do referido convenio, procede aplicar unha revisión salarial do 1,8%.

2. Establecer como anexo a táboa salarial revisada referida no acordo 1º desta acta.

3. Facultar a Severino González Álvarez para presentar ante a autoridade laboral competente, os acordos adoptados nesta reunión da comisión paritaria, para os efectos que establece o artigo 90 do Estatuto dos traballadores, así como para realizar todas aquelas xestións que procedan para tal fin.

E en proba de conformidade con todo o seu contido, asinan esta acta no lugar e data do seu encabezamento.

ANEXO

Táboa salarial revisada do convenio colectivo da lousa 2000

Grupo profesionalSal.B/DP. Ast. D/TSal./mesG. Cot

Grupo 1

Licenciados3.4932.101148.9111

Enx. superiores3.4932.101148.9111

Enx. técnicos3.4832.058147.7082

Graduados sociais3.4832.058147.7082

Topógrafo3.4832.058147.7082

Dtres. de áreas

e servicios3.4691.991145.8813

Delineante3.4641.957145.0173

Práctico topog.3.4211.753139.4434

Axte. delineante3.4211.753139.4434

Grupo 2

Tec. Admón.3.4641.957145.0175

Oficial adtvo. 1ª3.4481.890143.1305

Oficial adtvo. 2ª3.4211.753139.4435

Auxiliar adtvo.3.4031.649136.7197

Grupo 3º

Encargados3.4211.753139.4433

Mecánicos3.4031.649136.7198

Electricistas3.4031.649136.7198

Soldadores3.4031.649136.7198

Fontaneiros3.4031.649136.7198

Albaneis3.4031.649136.7198

Auxili. oficios3.3091.181124.07110

Grupo 4

Encargados3.4211.753139.4433

Chofer3.4031.649136.7198

Operador de pa3.4031.649136.7198

Barrenista e/ou artilleiro3.3801.540133.7408

Auxili. oficios3.3091.181124.07110

Grupo 5

Encargados3.4211.753139.4433

Operador de guindastre3.3801.540133.7408

Aserrador3.3801.540133.7408

Labrador3.3801.540133.7408

Rachador3.3321.300127.2609

Grupo profesionalSal.B/DP. Ast. D/TSal./mesG. Cot

Cortador3.3321.300127.2609

Embalador3.3321.300127.2609

Desc. carros3.3321.300127.2609

Auxil. oficios3.3091.181124.07110

Antigüidade: bienio 2.644; quinquenio 4.019.

Notas: os salarios establecidos no grupo 5, para rachador, cortador, embalador e descargador de carros aplicaranse a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio; ata tal data o seu salario será o establecido para o labrador aplicarase a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio, xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e dun a dous anos o seu salario será o seguinte: salario base: 3.355, complemento de asistencia: 1.416 e salario/mes: 130.386.

O establecido neste epígrafe sobre salarios leva consigo a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función deste.

Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán respectivamente os seguintes salarios:

Salario base: 3.129 e 3.157.

Complemento de asistencia: 273 e 413

Salario/mes: 99.603 e 103.383.