Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 28 de maio de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de intervención número 6 (UI-6) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), Asilo de Carretas, e delimitación da unidade de execución, promovido por Awacomgal, S.A., e a actuación polo sistema de compensación de propietario único.

O ámbito da actuación atópase delimitado sobre os terreos vacantes situados entre o Asilo de Carretas (Residencia de Anciáns San Xosé) ó leste, a parcela do antigo Hospital Xeral ó norte, e a rúa de Galeras ó oeste, no tramo situado entre o edificio número 32 e o edificio do Hospital Xeral.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo