Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 14 de maio de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle e a delimitación da área de execución número 2 (AE-2) do Plan especial de reforma interior do solo urbano das Fontiñas-Vieiro, promovido por Manuel Ginarte Cabada e outro, e a fixación do sistema de actuación por compensación.

O ámbito da actuación atópase delimitado pola rúa de Londres ó norte, fronte ó enlace desta rúa cos de París; pola de Vieiro ó sur; por terreos pertencentes ós polígonos 6-7 das Fontiñas ó leste; e por un camiño que enlaza a rúa de Londres coa de Vieiro, ó oeste.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Edicto:

De conformidade co previsto no artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia, este anuncio servirá de citación, en forma legal, ós propietarios que non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública por descoñecerse a súa identidade ou o seu paradoiro. Para este fin insírese de seguido a relación de propietarios afectados:

Parcela: 7.

Referencia catastral: 8778201NH3487H0001.

Propietario segundo catastro: Juan Quey Quey.

Propietario segundo proxecto: Juan Queiro Queiro.

Parcela: 5-6.

Referencia catastral: 8778202NH3487H0001.

Propietario segundo catastro: Manuel de la Torre Domínguez.

Propietario segundo proxecto: Manuel Ginarte Cabada.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo