Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 18 de xuño de 2001 Páx. 8.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 26 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo que, omitido o debate político, é do seguinte teor literal:

«3. Delimitación polígono Agra Grande da Ponte Ribeira-Outarela. Aprobación definitiva.

Dáse lectura ó dictame da Comisión Informativa de Estudio, Informe e Consulta dos Asuntos do Pleno, do seguinte teor literal:

«Aprobado inicialmente o proxecto de referencia por acordo plenario de data 30 de novembro de 2000, foi sometido a información pública mediante anuncios inseridos no Diario Oficial de Galicia número 15, correspondente ó día 22 de xaneiro de 2001, no BOP número

22, correspondente ó día 27 de xaneiro do mesmo ano, no xornal El Progreso, correspondente ó día 29 de decembro de 2000, e notificado individualmente ós propietarios afectados.

No período de información pública foron presentados escritos de alegacións por Manuel López Lama, Anunciación Cortiñas Vaquero, Dolores Cortiñas Vaquero, Manuel Quintana González, José Ángel Melle Armesto, Pablo López Barrera, Antonio López López, Antonio Díaz Fuentes, en representación da entidade mercantil Puente Vieja, S.L. (dous escritos), Antonio Díaz Fuentes, en representación da entidade mercantil Puente Ribeira, S.L. (dous escritos), Manuel e Emilio López Somoza, Francisco Melle Armesto, Ángel Domínguez López e Jaime Yáñez Préstamo. As referidas alegacións recibiron o informe do técnico redactor do proxecto.

Á vista dos informes que constan no expediente, a Comisión ó Concello Pleno, coa abstención dos representantes do PP, propón a adopción dos seguintes acordos:

1º Estima-las alegacións formuladas por Anunciación Cortiñas Vaquero, na que solicita que se teña en conta a documentación acreditativa da titularidade da propiedade; por Dolores Cortiñas Vaquero, en relación coa superficie adicional que manifesta na súa alegación; por Manuel Quintana González, en relación coa toma de razón de predio adicional que manifesta; por José Ángel Melle Armesto, sobre cambio de titularidade e da superficie adicional da servidume; por Pablo López Barrera, estimando que procede a exclusión de tódalas dependencias vinculadas ó muíño, por obvias razóns de funcionalidade, mediante o deslindamento correspondente; por Manuel e Emilio López Somoza, sobre toma de razón das dimensións sinaladas; por Francisco Melle Armesto, tomando razón do cambio de titularidade, que actualmente pertence a Carlos Rafael Belón Ares.

2º Desestima-las seguintes alegacións:

De Manuel López Lama, con base no informe técnico emitido, que di:

«O fondo de exclusión asociado a Calvo Sotelo é de 40 m, é dicir, o dobre do fondo máximo do corpo alto previsto nas NSP, que é de 20 m. Así pois, na superficie de exclusión permítese unha edificación en altura de 20 m, o que demostra unha dimensión máis que prudente. É de destacar que o edificio número 142 do alegante está fóra de ordenación, pois o seu fondo é da orde do dobre do máximo que permite a norma, o que determina practicamente o esgotamento do fondo de exclusión por derivación da anomalía sinalada.

A dita liña de exclusión é paralela a Calvo Sotelo, o que implica un tratamento igualitario. A exclusión de E13 e E14 non garda relación co demandado anteriormente por canto corresponde, xenericamente, a un territorio xa ordenado.

Por outra parte, a superficie do alegante contida no polígono será obxecto, obviamente, do correspondente aproveitamento no seu beneficio».

De Antonio López López, con base no informe técnico emitido, que di:

«A edificación en cuestión está fóra de ordenación por desaxuste coa aliñación de Calvo Sotelo.

Sen dúbida a participación no polígono implica a participación nas cargas, pero tamén nos beneficios, que, en modo ningún, poden esquecerse. E isto non só respecto á edificabilidade senón respecto á calidade do medio urbano, manifestamente mellorable coa actuación que se pretende.

Non é correcta a afirmación do alegante de que non se cumpre coa distribución equitativa por canto esta aínda non se fixo no presente expediente.

A súa edificación corresponde a un angular de acceso previsible na ordenación, polo que o predio resultante será, xenericamente, coincidente e adecuado ó planeamento, polo que non se estima aconsellable a exclusión.

Finalmente, os dereitos do alegante son independentes do sistema de actuación que, obviamente, é o de cooperación ó se tratar dunha actuación municipal de oficio.

Por Antonio Díaz Fuentes, en representación de compañía Puente Vieja, S.L. e outra en representación de Ponte Ribeira, S.L., con base no informe técnico emitido, que di: «A franxa en cuestión, situada ó oeste da superficie poligonal delimitada, foi, efectivamente, incluída no ámbito territorial do estudio de detalle entorno Hotel Alfonso IX.

Non obstante, efectúanse as seguintes reflexións sobre a súa inclusión no polígono Outarela:

1º Toda vez que o dito espacio foi computado para o cálculo do aproveitamento do citado ED, é obvio que a súa utilización no presente polígono podería incidir nas contas volumétricas daquel. Non obstante, é obrigado ter presente o seguinte:

Que o citado ED contén un superávit de aproveitamento residencial non utilizado por razón da xeometría dos bloques. Tal diferencia permite pequenas alteracións da superficie do ED sen afecta-la volumetría e, concretamente, o bloque 19x45 metros colindante co camiño de discusión.

Que o recuamento entre o bloque rectangular de 19x45 m é de 8 metros, é dicir, 5+3, o que permite a súa reducción en 3 m, conservándose aínda a separación legal del respecto á futura vía tanxencial ó centro de saúde. É dicir, a liña de delimitación de Outarela, fronte ó bloque rectangular do ED, é coincidente, substancialmente, cunha parcela ó dito bloque separada 5 metros. Desta forma, o bloque permanece na legalidade, para efectos de recuamento, e posibilítase o mantemento da delimitación.

2º No esquema de ordenación, que sustentou a delimitación do polígono, concíbese unha vía de conexión entre Calvo Sotelo e Peregrino, tanxencial ó espacio ampliado do centro de saúde, e que permitiría a accesibilidade a el desde ámbalas arterias. Conseguintemente, tamén é obvio, que a dita franxa ou camiño estean incluídos no polígono, formando parte de tal futura vía.

3º Para efectos de delimitación poligonal é inconsecuente que o camiño e franxa sexan de propiedade pública ou privada, pois o reparto de cargas e beneficios é un proceso posterior.

4º A vinculación da dita franxa ou camiño ó polígono deriva da súa coincidencia xeométrica coa súa vía tanxencial ó centro de saúde, entre Peregrino e Calvo Sotelo.

En consecuencia, procede o mantemento da delimitación por considerarse coincidente coa paralela ó bloque rectangular do estudio de detalle, separada 5 metros e non representar afección xeométrica ningunha ó citado bloque.

Obviamente, a afección superficial, no suposto de propiedade privada da franxa ou camiño, veríase compensada no proceso reparcelatorio».

De Ángel Domínguez López, con base no informe técnico emitido, que di: «A edificación en cuestión está baixo unha hipotética traza viaria de enlace entre a rúa Peregrino e Calvo Sotelo, polo que é, obviamente, de imposible exclusión.

De Jaime Yáñez Préstamo, con base no informe técnico emitido, que di: «A edificación está vencellada a embocadura da hipotética traza viaria na rúa Calvo Sotelo.

A súa condición de esquina na mesma permitiralle a recepción da parcela resultante de igual modo, en idéntica consideración á casa número 164, expresada no informe da alegación de Antonio López López.

3º Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación Agra Grande de Ponte Ribeira-Outarela, coas modificacións resultantes das alegacións aceptadas, e que se proceda a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, no BOP, e notificación individual ós propietarios e a quen comparecera no trámite de información pública».

Dado por finalizado o debate, sométese a votación o dictame da comisión, que resulta aprobado cos votos a favor do grupo de goberno (PSDG-PSOE, ICS e ASI) (9 votos), o voto en contra do BNG (2 votos) e a abstención do PP, proclamándose adoptados os acordos propostos no dito dictame.

Aclara o seu voto o BNG indicando que votan en contra no que se refire ás alegacións que non se acpetan, non con respecto ás outras que se aceptan».

O presente acordo esgota a vía administrativa e poderá ser impugnado potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes contado do día seguinte á presente publicación, caso no que non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expre

samente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, ou ben poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á presente notificación.

Así mesmo, poderase utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente, e exerce-las acciones que procedan ante a xurisdicción competente.

Sarria, 7 de maio de 2001.

Claudio M. Garrido Martínez

Alcalde