Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

BASES do regulamento da XX Edición do Premio de Novela Eduardo Blanco Amor.

Primeira.-O premio estará dotado coa cantidade de dous millóns de pesetas.

Segunda.-Poderán participar nel tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega na normativa oficial.

Terceira.-As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados por unha cara e a dous espacios.

Cuarta.-As obras enviaranse por correo, sen remite e baixo lema, ó Concello de Vilagarcía de Arousa. Praza de Ravella, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), coa indicación no sobre Premio de novela Eduardo Blanco Amor. En sobre adxunto, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora. De cada obra remitiranse cinco copias.

Quinta.-As obras presentadas terán que ser inéditas.

Sexta.-O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 30 de xullo de 2001. O dictame darase a coñecer no mes de setembro, en xuntanza que terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura de Vilagarcía de Arousa.

Sétima.-A concesión do premio non implicará cesión dos dereitos de propiedade sobre a obra premiada. As obras non premiadas serán devoltas ós

autores que o soliciten no prazo dun mes contado desde o día de veredicto.

Oitava.-A entrega do premio terá lugar no mes de decembro, nun acto público no que se tentará a difusión da novela gañadora.

Novena.-O premio poderá quedar deserto de non existiren obras de calidade a xuízo do xurado. Neste caso, o importe do premio destinarase a divulga-la obra de Eduardo Blanco Amor entre as escolas e os centros culturais de Galicia.

Décima.-O feito de concorreren a este premio presupón que os autores aceptan as súas bases.

Décimo primeira.-O xurado do premio, nomeado nesta ocasión polo Concello de Vilagarcía de Arousa, estará composto por cinco membros que deberán ser escritores ou críticos literarios da literatura galega.

Décimo segunda.-O xurado fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do premio.

Javier Gago López

Alcalde-presidente do Concello de Vilagarcía

de Arousa