Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.107

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO do 9 de maio de 2001, da Delegación Territorial de León, da Consellería de Industria, Comercio e Turismo, de notificación da resolución do expediente 465/2000.

Tendo resultado infructuosas as xestións realizadas para notificar no domicilio do destinatario a resolución dictada pola autoridade laboral competente no expediente administrativo sancionador que se indica máis abaixo, procédese a efectua-la dita notificación mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e á súa exposición no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido do interesado, a fin de que produza os efectos legais previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Infórmase de que o texto íntegro da resolución e o documento contable para o pagamento da sanción se acha ó dispor do interesado na Sección de Relacións Laborais e Recursos desta Oficina Territorial de Traballo, sita na Gran Vía de San Marcos, 27-1º andar, León.

Regulación sancionadora:

Nº de expediente: 465/2000.

Nº de acta: 169/2000.

Empresa: Aplicaciones Técnicas de Túneles y Puentes, S.L.

Contía da sanción: 250.001 pesetas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de León, conforme o artigo 138.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (BOE nº 177, do 15-9-1998).

E para que sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en León, nove de maio de dous mil un.

Luis Aznar Fernández

Delegado territorial de León