Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da ALG, anúnciase poxa, pola vía de urxencia, das obras de substitución de pavimento existente na rúa Ordóñez. Saneamento.

Prezo de licitación: 14.145.849 pesetas.

As proposicións presentaranse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, das 9 ás 14 horas, a partir da última publicación do correspondente edicto no BOP e DOG, podéndose examinar nelas o prego e demais condicións da referida poxa.

Tui, 5 de xuño de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde