Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da ALG, anúnciase novo concurso para a contratación, por urxencia, das obras de saneamento e abastecemento de augas en Areas, cun prezo de licitación de 18.738.374 pesetas, unha vez que se procedeu á rectificación de erro material no proxecto, deixando sen efecto o procedemento publicado no DOG nº 90 e BOP nº 96, do 10-5-2001 e 21-5-2001, respectivamente, facéndose constar que se expón novamente ó público a citada documentación polo prazo de 8 días naturais para efectos de reclamacións e alegacións, así como que se abre novo prazo de trece días naturais, contados desde a última publicación do edicto no BOP e DOG, para a presentación de propostas polos contratistas, con idéntico prego de condicións ó publicado nos devanditos BOP e

DOG, aínda que a contratación poderá quedar en suspenso á vista das reclamacións ou alegacións que poidan presentarse.

Tui, 5 de xuño de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde