Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO de poxa.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Santiso (A Coruña).

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: contratación das seguintes obras incluídas no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e da rede viaria local-2001:

1º Camiño Novela-Liñares-Baiuca-Melide e outros.

Tipo de licitación: 12.028.638 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

2º Travesía Balada-Seoane (Visantoña).

Tipo de licitación: 27.781.687 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría c).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

3º Pavimentación camiño Chorén-Barazón e outros.

Tipo de licitación: 8.685.863 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

4. Presentación de proposicións: data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte á publicación do último anuncio de licitación, bien sexa no BOP da Coruña, ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de 9 a 13, e en dous sobres pechados e coa documentación, requisitos, e modelo de proposición esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares da Deputación Provincial da Coruña, publicados no BOP nº 78, de data 4 de abril de 2001.

5. Apertura de plicas: a apertura de plicas será ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación das proposicións. Se coincide en sábado, realizarase o primeiro día hábil seguinte.

6. Gastos de anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios da licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiso, 7 de maio de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado