Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001 pola que se lle outorga a Cetárea de Merexo, S.L., permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños no lugar de Merexo, municipio de Muxía (A Coruña).

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora e centro de expedición, apreciáronse os seguintes:

a) Feitos:

Primeiro.-Mediante escrito do 9 de xuño de 2000, Ricardo García Grille (DNI/CIF: 76360231R), en representación de Cetárea de Merexo S.L. (DNI/CIF: B15687817), solicitou permiso de actividade para a explotación dunha estación depuradora e centro de expedición, no lugar de Merexo, Muxía, provincia da Coruña.

Segundo.-O interesado achegou documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, publicado no Diario Oficial de Galicia.

-Informe técnico biolóxico favorable.

-Informe urbanístico favorable, do concello de Muxía.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

b) Fundamentos de dereito:

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000 (DOG do 5 de abril), pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle á Cetárea de Merexo, S.L. co CIF: B15687817, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños, que se indica a continuación.

-Tipo: estación depuradora/centro de expedición.

-Nome: Cétarea de Merexo S.L.

-Actividade: depuración e envasado.

-Especies: moluscos.

-Situación: Lugar: Merexo municipio de Muxía (A Coruña).

-Superficies:

Dominio privado: 57,0 dominio superficie privado m.

-Características das instalacións:

Naves: nº: 1.

Superficie: 10x5,7 mxm.

Piscinas: nº:

Depuración: 1 rectangular.

Superficie: 0,84x2,97 mxm (2,5 m).

Lavado previo: 2 rectangulares.

Superficie: 1,5x2,2 mxm (3,3 m c.u.).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Poderá prorrogarse por períodos máximos doutros dez anos, logo de petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-As obras e instalacións que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto de instalación dunha depuradora de moluscos, subscrito en maio de 2000 por Manuel Alonso Noval e Marcial de la Fuente Prieto, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 12 meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.

Cuarta.-O establecemento non poderá destinarse usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contecioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2001

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura