Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0193; XG-009, Lugo-Vilamaior-Palas de Rei, con anexo, por substitución da concesión V-0193; XG-009, Lugo-Vilamaior de Negral.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 13 de novembro de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Mourenza y Pardo, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0193; XG-009, Lugo-Vilamaior-Palas de Rei, con anexo, por substitución da concesión V-0193; XG-009, Lugo-Vilamaior de Negral, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Lugo, San Matías, Vilaestévez, Seoane, O Burgo, A Uceira, Carballo, Bacurín, Mourentaos, Hospital, San Pedro, Crecente, San Román, A Retorta, Vilacabreiro, Vilamaior, O Paraño, A Mámoa, Ferreira, Carballal, Carballedo, A Leboreira, San Xurxo, Merlán, San Vicente, Maceda, Agro do Pobre, Laia, Filgueira e Palas de Rei.

-A Uceira, Bóveda, Facoi e Vilachá.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Lugo e San Matías, puntos intermedios e viceversa.

-De Palas de Rei para Lugo e viceversa.

3. Expedicións e calendario.

Palas de Rei-Vilamaior-Lugo.

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de volta de luns a venres lectivos.

Vilachá-A Uceira.

-Unha expedición de ida e volta os martes e venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 10,619 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,362 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5928 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes