Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de xuño de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de liquidación derivado de actas de desconformidade (A02), pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Benbrun S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de liquidación derivados de actas de desconformidade (A02) pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1 portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 6 de xuño de 2001.

Pedro J. Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Benbrun, S.A.

CIF: A36839108

Luis Taboada, 27 baixo

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Acta nº 173-076 (58/2001)

Exercicio: 1998