Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se notifican requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rodríguez Vázquez, Manuel e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requirimentos de documentación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprá

zanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do disposto no artigo 35 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª planta, Lugo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de maio de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rodríguez Vázquez, Manuel (33792758P);

r/ Celso Emilio Ferreiro, 9-6º E, Vigo-Pontevedra

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; expediente nº 692/00

Jul Villamor, Mª Dolores (33853141Q);

r/ Unidade 9-1º , Lugo-Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; expediente nº 7730/00

López Castro, Horacio (33789486W);

Landrove- Puente 22, Viveiro-Lugo

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; requirimento nº 662/00-I

López Martínez, Pablo (34238004C);

Licín 55, O Saviñao-Lugo

Imposto sobre sucesións e doazóns; requirimento nº 271/99-I

Fernández Vila, Trinidad Florinda (34147721W);

r/ Juan XXIII 41-2ºA, Chantada, Lugo

Imposto sobre sucesións e doazóns; expediente nº 1733/00