Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que fai pública a adxudicación de varios contratos de servicios.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade ás adxudicacións que se identifican a seguir:

-Contratación do servicio de limpeza do instituto de bacharelato Alexandre Bóveda de Vigo. Expediente 8/2000SE.

Adxudicatario: Limpiezas del Noroeste, S.A.

Orzamento: 6.127.830 pesetas.

-Contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense. Expediente 9/2000SE.

Adxudicatario: Maconsi, S.L.

Orzamento: 12.901.891 pesetas.

-Contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña. Expediente 10/2000SE.

Adxudicatario: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

Orzamento: 12.193.491 pesetas.

-Contratación do servicio de cociña-comedor no Centro Residencial Docente (CRD) da Coruña. Expediente 11/2000SE.

Adxudicatario: Antonio Gallego Cid, S.L.

Orzamento: 72.900.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria