Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.081

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (281/2000-E).

Federico Seoane Rosa, secretario do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas nº 281/2000-E foi confeccionada a cédula de citación que ten o contido que a seguir se expresa:

«Cédula de citación.

O maxistrado xuíz do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña acordou citar a vostede, co fin de que o vindeiro día un de agosto ás doce e vinte horas, asista na sala de visitas do Xulgado de Instrucción número catro da Coruña, sito na planta 3ª do edificio novo dos xulgados, á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de realización actividades sen seguro obrigatorio para o vehículo Peugeot 309 de matrícula C-6653-AK o día 19-11-1999, en calidade de denunciado. Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que se intente valer (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo. Apercíbese de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa, e recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste concello, poderá di-

rixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, en conformidade co disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de citación para xuízo a Juan Ramón Alvite Mouzo a través do Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, dous de maio de dous mil un.

Rubricado