Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.081

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (432/2000).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 432/2000 se dictou a presente sentencia, que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Procedemento: xuízo de faltas 432/2000.

En Santiago de Compostela o catro de decembro de dous mil.

No nome de S.M. El Rei,

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas 432/2000, seguida por unha falta «outras faltas», no que foron parte como denunciante José Manuel Iglesias Otero e como denunciado Manuel Gómez de Miguel, pronunciou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Gómez de Miguel, con declaración de custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos dous efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -sección 6ª con sede en Santiago de Compostela- no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Manuel Gómez de Miguel, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o oito de maio de dous mil un.

O secretario

Rubricado