Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

CONCURSO de ideas para a realización do anteproxecto de ampliación do Museo de Pontevedra.

Obxecto: o concurso de ideas ten por obxecto seleccionar, entre os diferentes traballos presentados, aquela proposta que pola súa resposta arquitectónica e singularidade, ó xuízo do xurado, resulte máis idónea para a ampliación do Museo de Pontevedra.

Concursantes: poderán presentarse tódolos arquitectos colexiados, ben individualmente, ben en grupos de arquitectos ou sociedades recoñecidas polo correspondente colexio, que non se atopen incursos en ningún dos supostos recollidos na Lei 53/1989, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración.

Inscrición e prazo: os gastos de inscrición son de 15.000 pesetas. O prazo de inscrición será de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

Presentación de propostas: a data tope para a presentación dos traballos será de tres meses, a partir do final do prazo de inscrición.

Premios: 1º 4.000.000 de pesetas, a conta do encargado da redacción do proxecto básico e de execución; 2º 2.000.0000 de pesetas; 3º 1.000.000 de pesetas; e tres accésit de 500.000 pesetas.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono 986 68 41 01.

Pontevedra, 7 de xuño de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado