Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Vilalba, do 29 de maio de 2001, pola que se aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso aberto para a explotación das instalacións munici

pais da Praza de Abastos de Vilalba, en réxime de concesión administrativa.

a) Forma de adxudicación: levarase a cabo polo procedemento aberto e sistema de concurso mediante tramitación ordinaria.

b) Tipo de licitación: establécese como canon fixo anual que serve de base á licitación a cantidade de 696.000 pesetas (4.183,04 euros), máis o IVE, que poderá ser aumentado polos licitadores.

c) Prazo de contrato: o prazo de contrato será de catro anos contados desde a formalización do contrato, prorrogables anualmente se non existe denuncia por ningunha das partes, cun aviso previo de tres meses cun tope de dez anos.

d) Proposicións: lugar e prazo de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións dentro do prazo de 15 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP.

Cada licitador só poderá presentar unha proposición.

e) Garantía provisional: 75.000 pesetas (450,76 euros).

f) Garantía definitiva: a cantidade equivalente a tres mensualidades do prezo de adxudicación do contrato.

f) Criterios de adxudicación: os sinalados no prego.

h) Documentación: a información e documentación estarán á disposición dos interesados na Secretaría do Concello de Vilalba.

Teléfono: 982 51 03 05. Fax: 982 51 18 15.

i) Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil, non coincidente en sábado, seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

j) Modelo de proposición: o que figura no prego de cláusulas.

k) Reclamacións: poderán presentarse reclamacións contra o prego de condicións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 8 días hábiles, contados a partir da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP da provincia de Lugo. Ó mesmo tempo, e de conformidade co disposto no artigo 122.2º do R.D. 781/1986, anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego de condicións, o concurso poderá quedar aprazado ata que estas se resolvan.

O custo deste anuncio é por conta do adxudicatario.

Vilalba, 5 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado