Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

ANUNCIO de licitación.

Aprobado polo alcalde deste concello o proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na poxa por procedemento aberto (tramitación urxente) da obra que no punto 2 se indica, exponse ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP. Simultaneamente, anúnciase a poxa para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Alcaldía. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto, prezo e prazo do contrato. Centro multiusos municipal de Goián (2ª fase) cun orzamento tipo de licitación de 20.000.000 de pesetas e un prazo de execución de 8 meses.

3. Tramitación, procedemento, forma adxudicación. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

4. Fianzas: definitiva: 4% do prezo do remate.

5. Obtención da documentación e información. Secretaría do concello, praza de Calvo Sotelo, 1, 36740 Tomiño; teléfono 986 62 20 01/fax 986 62 25 30), ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista. Os especificados no prego.

7. Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (DOG). Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Tomiño, das 9 ás 14 horas (luns a venres) e das 11 ás 13 horas os sábados.

8. Apertura de ofertas. Será realizada pola mesa de contratación no concello ás 12 horas do 3º día hábil ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

9. Gastos dos anuncios. Por conta do adxudicatario.

Tomiño, 6 de xuño de 2001.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde