Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.051

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

BASES da convocatoria para a cobertura dun posto de responsable do Departamento de Estudios Sociais.

Bases da convocatoria.

Obxecto.

A contratación dun licenciado en ciencias políticas e da administración, para ocupa-lo posto de responsable do Departamento de Estudios Sociais, por

tempo indefinido, cun período de proba segundo o establecido legalmente.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes deberanse presentar en man, no rexistro xeral de Xestur Ourense, S.A., sita na rúa Curros Enríquez, nº 1, planta 8ª, de Ourense, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e antes das 14 horas. Non se admite a entrega das solicitudes por correo.

Requisitos esixidos.

Formación académica.

Licenciado en ciencias políticas e da administración.

Outros coñecementos.

Cursos de especialización en desenvolvemento local e comarcal de Galicia, participación nos estudios significativos do desenvolvemento industrial local e comarcal de Galicia, cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e outros que se acrediten.

Colectivo ó que se dirixe a oferta pública de emprego: menores de 30 anos.

Documentación que hai que presentar.

Instancia solicitude segundo modelo das bases que se xunta no anexo nº 1.

Documento nacional de identidade.

Título acreditativo da formación esixida, expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia.

Diplomas e demais documentos que acrediten os coñecementos e formación non regulada, reflectida na solicitude polo candidato.

A documentación ten que ser orixinal ou copia compulsada.

Tramitación e probas.

No prazo de cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, porase ó público no taboleiro de anuncios de Xestur Ourense, S.A., a lista provisional de candidatos admitidos e habilitarase un prazo de 3 días hábiles para aqueles candidatos que consideren presentar reclamación.

Unha vez resoltas as posibles reclamacións no prazo máximo de cinco días hábiles, poñerase a lista definitiva de candidatos no taboleiro de anuncios de Xestur Ourense, S.A. e sinalarase o lugar e a data para realiza-las probas de selección seguintes:

Probas psicotécnicas.

Entrevista persoal.

Criterios de puntuación.

Para a contratación do candidato elixirase o que obteña mellor puntuación, téndose en conta os criterios seguintes:

Curriculum: ata 33 puntos.

Probas psicotécnicas: ata 33 puntos.

Entrevista persoal: ata 33 puntos.

Resolución da convocatoria.

As probas de selección faranse a través dunha empresa de selección de persoal, que presentará ó Consello de Administración de Xestur Ourense, S.A. a proposta dos resultados para a súa resolución por este.

Xestur Ourense, S.A., formalizará a contratación no prazo máximo de tres meses contados desde a notificación ó seleccionado.

Ourense, 5 de xuño de 2001.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestur Ourense, S.A.