Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 29 de maio de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da UA 31, sita no Petón-Meicende, promovido pola Xunta de Compensación da UA 31, representada por José Rodríguez Vázquez (expediente 22/2001.PUR), o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que coiden covenientes.

Ó mesmo tempo, e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no punto 4 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 31 de maio de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde