Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

O Concello de Cambados convoca concurso para a adxudicación das obras de infraestructuras no polígono industrial Sete Pías (1ª fase) Oubiña-Cambados. O tipo de licitación fíxase en 73.000.000 de pesetas (438.738,85 euros).

As proposicións para tomar parte no concurso presentaranse na secretaría do concello, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da inserción do presente edicto, rematando ás 14 horas do día en que finalice o dito prazo (se o último día fose sábado, o prazo pechará ás 13 horas e, se coincidise en festivo, entenderase que o día final do prazo será o seguinte hábil).

O prego de cláusulas administrativas particulares poderá solicitarse nas oficinas municipais e o acto de apertura de plicas celebrarase na casa do concello, ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo para presentación das proposicións.

Cambados, 7 de maio de 2001.

José M. Cores Tourís

Alcalde