Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias e traslados interhospitalarios do Hospital Comarcal de Valdeorras.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde. División de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Orzamentos; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono: 981 54 27 78; fax: 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias e traslados interhospitalarios do Hospital Comarcal de Valdeorras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual previsto de dezaseis millóns duascentas mil pesetas (16.200.000 pesetas), 97.363,96 euros.

5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza definitiva por importe de seiscentas corenta e oito mil pesetas (648.000 pesetas), 3.894,55 euros.

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios); edificio administrativo San Caetano, bloque 2, 2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido no punto 5.3 (puntos 11 e 12) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e segundo establece o punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos