Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 1/2001 a Jesús Pérez Díaz e María del Carmen Castiñeira Fraga.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 1/2001, seguido en virtude de denuncia formulada por Mª del Carmen Castiñeira Fraga, contra Jesús Pérez Díaz, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución de expediente sancionador 1/2001.

Vista a denuncia presentada por María del Carmen Castiñeira Fraga contra Jesús Pérez Díaz e despois das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos:

Primeiro.-Con data 9 de marzo de 2000 recibiuse escrito, na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, denunciando posibles irregularidades na ocupación da vivenda 1º B da rúa Armórica, 67 de Lugo, da que é titular Jesús Pérez Díaz, correspondentes ó grupo de vivendas de promoción pública denominadas Fingoy-Blancas, acollidas ó expediente LU-81/010.

Segundo.-O 23 de maio de 2000 iniciáronse trámites de información reservada ó existiren indicios do incumprimento por parte do titular da obriga de ocupa-la vivenda de forma permanente e habitual. Así, solicitáronse informes socioeconómicos da asistencia social, certificados de convivencia e consumos de auga referidos ó ano 1999. Ó mesmo tempo, solicitouse a Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. certificado de consumo de enerxía eléctrica.

Terceiro.-O Concello de Lugo remite, en datas 17 e 27 de xuño de 2000, a información solicitada, da que se desprende que o denunciado figura como

empadroado na vivenda de referencia e que o consumo de auga nela é nulo nos últimos 12 meses. Tamén, en data 30 de maio de 2000, se emite certificación por parte de BEGASA, segundo a cal non aparece ningún contrato de abastecemento de enerxía eléctrica a nome do denunciado.

Cuarto.-Con data 16 de xaneiro de 2001 díctase resolución pola que se vén iniciar expediente sancionador, baixo o número 1/2001, notificada ó denunciado a través de publicación no Diario Oficial de Galicia en data 28 de marzo de 2001.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, que o denunciado incumpriu a obriga de dedica-la vivenda de promoción pública a vivenda habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Segundo.-A infracción imputada encóntrase tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu una axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 o que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena

industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

Terceiro.-Considérase responsable a dita infracción a Jesús Pérez Díaz, correspondéndolle unha sanción de 100.001 pesetas conforme o establecido no artigo 7 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infracción en materia de vivenda.

Cuarto.-Ó abeiro do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formularen alegacións e a achegaren tódolos documentos que

consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

Quinto.-Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación da presente proposta para achegaren os documentos ou informacións que coiden convenientes e propoñeren probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, este instructor propón:

1. Impoñer a Jesús Pérez Díaz unha sanción de 100.001 pesetas de multa.

Notifíquese a presente proposta ós interesados con indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións no prazo de 15 días, ó termo dos cales pola delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo se dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 20 de abril de 2001.

Francisco Centeno Márquez

Instructor