Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación dunha consultoría e asistencia para o Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/16/01.

2. Obxecto do contrato.

Realización de traballos de campo da enquisa de intercambio de mercadorías co norte de Portugal (ano de referencia 2000) e gravación do cuestionario de clientes/provedores.

3. Prazo de execución: catro meses, seguindo o calendario fixado no punto 4 do prego de prescricións técnicas.

4. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Forma: concurso público.

c) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación: 5.600.000 pesetas (33.656,68 euros).

6. Garantía provisional: 112.000 pesetas (673,13 euros).

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado de Rexistro do IGE. Complexo administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, CP 15703. Teléfono: 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

9. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non existe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

11. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2001.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística