A conservación e defensa da natureza debe compatibilizarse co necesario desenvolvemento socioeconómico das poboacións que habitan no contorno dos espacios protexidos. Para conseguir harmoniza-los valores de conservación co desenvolvemento sustentable, a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de con
servación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres, regula no seu título II os plans de ordenación dos recursos naturais.
O artigo 6 desta lei establece que estes plans deben necesariamente ser sometidos a información pública e audiencia ós interesados.
Por todo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública e audiencia ós interesados o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Serra da Enciña da Lastra (Ourense).
Segundo.-Para os mencionados efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares en las siguientes dependencias:
Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro 83, Santiago de Compostela)
Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense (rúa do Paseo, 18)
Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural