Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública e audiencia ós interesados o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural Monte Aloia.

A conservación e defensa da natureza debe compatibilizarse co necesario desenvolvemento socioeconómico das poboacións que habitan no contorno dos espacios protexidos. Para conseguir harmoniza-los valores de conservación co desenvolvemento sutentable, a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres, regula no seu título II os plans de ordenación dos recursos naturais.

O artigo 6 da devandita lei establece que estos plans deben necesariamente ser sometidos a información pública e audiencia ós interesados.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública e audiencia ós interesados o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural Monte Aloia (Pontevedra).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro 83, Santiago de Compostela)

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra (rúa Benito Corbal, 47)

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural