Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública e audiencia ós interesados o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Ampliación do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés (Ourense).

A conservación e defensa da natureza debe compatibilizarse co necesario desenvolvemento socioeconómico das poboacións que habitan no contorno dos espacios protexidos. Para conseguir harmoniza-los valores de conservación co desenvolvemento sustentable, a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres, regula no seu título II os plans de ordenación dos recursos naturais.

O artigo 6 desta lei establece que estes plans deben necesariamente ser sometidos a información pública e audiencia ós interesados.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública e audiencia ós interesados o Plao de Ordenación dos Recursos Naturais da Ampliación do Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés (Ourense).

Segundo.-Para os mencionados efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro 83, Santiago de Compostela)

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense (rúa do Paseo, 18)

Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural