O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 31 de maio de 2001, acordou:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector A-2 de San Cibrao das Viñas, redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras por iniciativa de MAP, S.A.
Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG e comunicarllo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo.
San Cibrao das Viñas, 4 de xuño de 2001.
Elisa Nogueria Méndez
Alcaldesa