Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 31 de maio de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector A-3 da Zona A de San Cibrao das Viñas, redactado polo enxeñeiro de camiños Fernando Villacé Mariño por instancia de Vicente Luis Novoa González e outros.

Segundo.-Dar cumprimento ó disposto no artigo 48.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publicando o acto de aprobación definitiva no BOP e DOG e comunicarllo á consellería competente en materia urbanística, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo.

San Cibrao das Viñas, 4 de xuño de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa