Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 31 de maio de 2001, acorodu aprobar inicialmente o Plan parcial sector E zona Peipaz parroquia de Noalla das normas subsidiarias de planeamento de San Cibrao das Viñas, redactado polo arquitecto David Ortiz-Arce de la F. por instancia da Compañía Mercantil Mora, S.L.

O expediente sométese a información pública, polo prazo dun mes para o seu exame e alegacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

San Cibrao das Viñas, 4 de xuño de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa