Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión con data do 4 de xuño de 2001, o proxecto denominado urbanización da ampliación do cemiterio municipal de Mañó-Redondela, mediante este anuncio e de conformidade co previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia (Lei 1/1997, do 24 de marzo) sométese a información pública polo prazo dun mes, co obxecto de que se realicen durante o dito prazo as alegacións, observacións ou suxestións que se consideren oportunas.
Redondela, 4 de xuño de 2001.
Xaime Rei Barreiro
Alcalde